As dúas mangas no que estará dividido o primeiro Rally Mix “Concello do Porriño” discurrirán entre o centro da vila, A Graña e A Risca, ó longo da tarde do sábado 28 e a mañán do domingo 29.
Os detalles da proba deronse a coñecer hoxe nunha roda de prensa presidida pola concelleira de Seguridade, Lourdes Moure na que participaron representantes da escudería “Surco” organizadora do evento; Federación Galega de Automobilismo; Xunta de Galicia e Concello de Porriño. Tamén estiveron representados os patrocinadores privados, os concesionarios “Gumerjo”, “Rivada” e A Banca.
“Promovemos o Rally Mix Concello de Porriño coa intención de que se consolide na programación das Festas durante o derradeiro fin de semana, é dicir durante o chamado “Recristo” e tamén coincidindo coa Festa dos Callos e cos milleiros de visitantes na nosa vila”, dixo Lourdes Moure, concelleira de Seguridade.
Iván Corral, presidente da FGA suliñou que “o chamado rally mix é unha fórmula low cost que ven de Irlanda e que permite incoporarse ó mundo do automovilismo a moitos afecionados dun xeito económicamente moito máis doado”.
Trátase dunha modalidade de competición que se desenrola sobre terreno mixto na que poden participar dende KartCross ata carrozados de todo tipo sen matricular o que simplifica as inscripcións.
Na mesma liña Daniel Benavides, xefe do Servizo Provincial de Deportes enagadiu que “a Secretaria Xeral do Deporte conveniu coa Federación patrocinar este tipo de probas das que hai dúas na provincia (Cuntis e Porriño) como achegamento a este deporte”.
Pola súa banda o concelleiro de Deportes, David Alonso agradeceu “a colaboración dos veciños do barrio de A Graña que nos permiten realizar esta proba e son moi comprensivos a pesares das molestias”.