• O Concello organiza un campamento para nenos de entre 3 e 12 anos os días 3, 4 e 5 de marzo en horario de mañá
  • O prazo de inscrición abre o vindeiro mércores 19 de febreiro

 

Chegadas as vacacións escolares do Entroido son moitas as persoas que precisan conciliar a vida laboral e familiar. Co fin de dar resposta a esta necesidade, a Concellería de Igualdade do Porriño, que dirixe Carolina González, organiza un campamento dirixido á cativada de entre 3 e 12 anos os días 3, 4 e 5 de marzo, en horario de 08.30 a 14.30 horas.

As prazas son limitadas, polo que as persoas interesadas en participar deben realizar a inscrición previa, a partir do vindeiro mércores, 19 de febreiro, e ata ás 09.00 horas do día 25 do mesmo mes. Estas poden realizarse en liña, a través da sede electrónica do Concello do Porriño, ou de xeito presencial no rexistro do Concello.

O campamento levarase a cabo en instalacións municipais e nel realizaranse diversos xogos e actividades nas que se promoverán os valores do respecto, a igualdade e a solidariedade.

 

 

FOLLA DE INSCRIPCIÓN E BAREMO – CAMPAMENTO DE ENTROIDO 2025

AUTORIZACIÓN DE ENTREGA E RECOLLIDA – CAMPAMENTO DE ENTROIDO 2025