O Concello do Porriño sumará a 17 novos/as traballadores/as ao seu cadro de persoal no marco do Plan  +Provincia da Deputación de Pontevedra.

A administración local recibirá 211.000 euros do ente provincial para a contratación de persoas que se atopen en situación e desemprego, tal e como vén de aprobarse na súa Xunta de Goberno. Isto supón o 72,30 % do orzamento total, financiándose o restante con fondos municipais.

Serán concretamente 6 peóns forestais, 3 conserxes, 2 peóns de obras públicas, 1 analista de xestión, 1 publicista, 1 auxiliar de enfermería, 1 oficial de albanelería, 1 oficial de soldador e 1 oficial de carpintería. Todos eles engrosarán o persoal dos diferentes departamentos municipais.

“Con estas incorporacións poderemos mellorar o servizo que prestamos aos cidadáns e atender as súas necesidades como corresponde. Moitas veces nos vemos atados de mans por non contar co persoal suficiente para dar a resposta que queremos e debemos dar, por iso serán de gran axuda para nós”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo.

As persoas interesadas deben estar inscritos no Servizo Público de Emprego , xa que será este organismo o fará a preselección.