A principios deste 2017, a Biblioteca Municipal do Porriño, dependente da Alcaldía, iniciou o programa permanente de alfabetización temperá “Le ao teu bebé”, pensado para que a Biblioteca Municipal colaborase coas familias, axudando a crear un primeiro vínculo entre a lectura, a biblioteca e os bebés.
Dende entón, nais e país podían facer socio da Biblioteca Municipal aos seu fillo ou filla ao mesmo tempo que o empadroaban no Concello. O carné do cativo chegaba a súa casa por correo, xunto cun paquete de benvida, de balde. Pois ben: ese número de carnés e de regalos xa superou os cen .
A explicación delo está no feito de que O Porriño é o concello de Galicia que máis aumentou a súa poboación no último ano. Dacordo cos datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), a 1 de xaneiro de este ano o concello tiña 19.567 habitantes, 669 máis que o 1 de xaneiro de 2016 o que significa un incremento de poboación do 3,5%, moi por diante dos outras cidades e vilas galegas que aumentaron o seu número de habitantes, coma Santiago –que ten 367 veciños máis- ou Ames, que ten 277 residentes novos.
O Porriño iniciou o ano con preto de 70 nacementos máis que mortes o cal, xunto coa chegada de novos veciños-a maioría procedentes doutos concellos de Galicia- fixo que superase no padrón de habitantes a Moaña, na provincia- e a Monforte e Boiro fora dela- e se achegue a A Estrada ou Lalín.
Grazas ao traballo realizado polos funcionarios municipais, o Instituto Nacional de Estadística xa admitirá a corrección do padrón de habitantes solicitada polo Concello en marzo do ano pasado, de xeito que se incorporaron ao mesmo a 1.009 persoas. Daquela, o Goberno local adiantara a Instituto Nacional de Estatística que a recollida de información sobre as altas e baixas no empadroamento non remataran e que, dacordo cos primeiros datos, a poboación total do Porriño superaría os 20.200 habitantes, polo cal agárdase a resposta do INE a unha nova solicitude de modificación do padrón que, no caso de admitirse, confirmaría oficialmente que o número de veciños da vila supera xa os 20.000.
Agora mesmo, os datos do INE sinalan que o maior aumento de poboación no concello produciuse entre os homes: en 2016 a poboación masculina aumentou en 345 persoas- de 9.296 a 9.641- algo que xa pasara en 2015-cando o incremento fora de 200-; tamén medrou a poboación feminina, que sigue sendo maioritaria no Porriño, pasando de 9.602 mulleres a 1 de xaneiro de 2015 a 9.926 a principios deste ano- o anterior pasou de 9.412 a 9.602-.