• Unhas Xornadas Internacionais de Apicultura serán a antesala no Porriño da XXXVIII Feira Apícola
  • A vila ofrecerá showcookings, catas comentadas, rutas de tapas e actividades infantís os días 17 e 18 de abril

O Porriño, 9 de abril de 2026. Un ano máis o sector apícola ten como sede O Porriño na que é unha das citas máis lonxevas e senlleiras nesta materia: a Feira Apícola, que chega este ano a súa trixésima oitava edición. Unha cita que se celebrará o 17 e 18 de abril cun programa que abrangue dende a investigación científica ata a música en directo.

“Se hai mel hai futuro”, aseguraba o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo durante a presentación, facendo unha comparativa en como segue crecendo esta feria case ao mesmo ritmo que crece a natalidade no municipio. Destacaba ademáis a as actividades para grandes e para maiores, con citas culinarias, pero tamén “o peso importantísimo da investigación e da búsqueda de solución aos problemas que ameazan a nosa mel, durante as xornadas internacionais de apicultura”.

Xunto a él, a Presidenta da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia, Esther Ordoñez, que destacou que levan “38 anos apostando polo Porriño porque eles tamén apostan por nós”, e o Presidente da Agrupación Apícola de Galicia, José María Seijo, que engadiu que aínda que a feira naceu para vender este producto, agora véndese só, con premios internacionais alí onde se presenta”. Ademais a concelleira de Turismo, Vanessa Ucha puña en valor esta cita como unha máis do calendario que “serve para seguir desestacionalizando o turismo no Porriño, poñéndonos no mapa”.

O venres 17 hai actividades xa para a cativada pola mañá, con “Os nenos e o mel de Galicia”, onde poderán coñecer o fermoso mundo da apicultura e todos os beneficios que as abellas nos aportan. Ademais poderán participar nunha degustación comentada. Tamén o venres, e para toda a familia, comenza a ruta de tapas, con diferentes locais participantes ofrecendo distintos petiscos. Unha ruta que se extenderá o sábado.

Un sábado para os sentidos

O sábado o programa desprégase en diversas frontes para todos os públicos:

Ás 11:30 h teremos gastronomía en directo: O recoñecido chef da TVG, Xulio Mato, ofrecerá un showcooking con propostas sinxelas para incorporar o mel na cociña diaria.

Ás 12:30h, unha viaxe sensorial a través dos meles con IXP e DOP: Unha oportunidade para descubrir todos os matices do mel, a través dunha cata comentada das diferentes variedades pertencentes á IXP Mel de Galicia e á DOP Miel de la Alcarria. Con Beatriz Ríos Cebreiros, Técnica e formadora do Panel de Cata da IXP Mel de Galicia e Amelia V. González Porto, directora do Laboratorio de Produtos da Colmea, CIAPA-IRIAF.

Xa pola tarde, ás 17:00 h, haberá unha cata comentada dos queixos premiados nas Catas de Galicia 2025 : Coñeceremos e probaremos os queixos galegos distinguidos na XXVII Cata dos Queixos de Galicia da man de Salomé Beiroa Fernández , catadora do Panel de Cata da Xunta de Galicia

E non podía faltar o pan: ás 18:30, Pan do Porriño e Mel de Galicia: Degustación das diferentes variedades do Pan do Porriño con Mel de Galicia, a cargo da Asociación de Panadeiros do Porriño e a IXP Mel de Galicia.

Ademáis haberá un sorteo de lotes de productos de orixe galega con selo de calidade para que merque nos establecementos asociados.

Xornadas internacionais de apicultura

Pero ademais o sábado, entre as 10.00h e as 17:00h, celébranse as Xornadas Internacionais de Apicultura, onde diferentes expertos abordarán temas críticos como a loita contra a Vespa velutina, a resistencia da Varroa e a preocupante mortalidade invernal de 2025.

Logo da apertura, ás 10:00h, será Damián Copena Rodríguez, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, o primeiro experto en abordar un dos temas da xornada, co foco no patrimonio industrial apícola e cereiro no noroeste da Península Ibérica, unha peza clave para entender a evolución económica e cultural desta actividade na rexión.

Ás 11:30h a veterinaria, especializada en apicultura de Asociación de Apicultores de Guadalajara, Loa Moreno Romero, falará do control da varroa, tratamentos eficaces e manexo intelixente do colmar. Así, a xornada técnica mergullarase de cheo nos desafíos sanitarios que máis preocupan aos produtores hoxe en día, coa doutora Sara Hernández Rodríguez (Universitat de València) expoñendo ás 12:30h as claves para un manexo intelixente do colmear e os últimos avances na detección de resistencias aos acaricidas, un factor crucial para evitar perdas masivas.

Logo do descanso para xantar, ás 17:00h, a investigadora Soraia Sousa Santos, da Universidade de Coimbra, analizará a eficacia dos pesticidas e as estratexias actuais para frear a expansión da vespa velutina. Xa ás 18:30h o punto álxido das xornadas terá lugar pola tarde cunha mesa redonda con representantes das principais asociacións galegas (Agrupación Apícola, AGA, APLA, Goente, Abellas Nais), xunto a organizacións portuguesas (Apimil, Apicave) e españolas (Asociación de Apicultores de Guadalajara), analizarán as causas e consecuencias da problemática da mortalidade invernal 2025.

Este espazo de debate busca compartir experiencias e buscar solucións conxuntas ante un fenómeno que está a poñer en xaque a viabilidade de moitas explotacións.

Ademais haberá música en directoo sábado na hora do vermú para amenizar o ambiente na praza do Concello a cargo de Somoza Trío.