O pasado 22 de marzo foi o Día da Auga e con motivo deste, o Concello do Porriño, xunto coa Concellería de Educación, Igualdade e Normalización Lingüística, celebrou este luns 24 de marzo una xornada moi especial.
Un total de 186 alumnos de terceiro e cuarto de primaria de sete colexios e 17 mestres, xuntáronse na praza do Arquitecto Antonio Palacios para celebrar este día.
Os rapaces e rapazas aprenderon mediante xogos todo o relativo ao ciclo da auga, ademais dos procesos de depurado da mesma.
Ademais, os nenos e nenas puideron comprender a necesidade de aforrar auga ou de ser máis eficientes no seu consumo; entender a importancia da auga; entender máis sobre a problemática que supoñen as aulas residuais se non hai unha xestión e unha depuración na súa devolución ao ciclo da auga; coñecer as fases de depuración da auga para que chegue o máis limpa posible aos ríos.
Así mesmo aprenderon o poder das súas accións para facer máis eficiente o uso da auga e a devolución ao ciclo natural. Todo isto o lograron mediante xogos e diferentes dinámicas nunha xornada no centro urbano da cidade.
A actividade finalizou cun rap no que todos pudieron cantar ao unísono.
Esta actividade enmárcase dentro das que o Concello leva a cabo para seguir construíndo unha cidade máis sostible e concienciada co medioambiente na que institucións e cidadáns preocupámonos por crear un presente e futuros máis prósperos.