O pasado 21 de marzo celebrouse o Día da Árbore e para e para conmemoralo, este mércores 24 de marzo, Día do Clima, a Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello e a Concellería de Educación, organizou unha actividade na que un total de 171 alumnos de cinco colexios diferentes puideron plantar árbores no Paseo do Louro.
Ademais, por grupos e cun camión de bombeiros, regaron as súas plantacións e deixaron por escrito os seus nomes para que cada un poida ver e recordar qué árbol plantou.
Con esta actividade, alumnos e alumnas de terceiro, cuarto e quinto de primaria entraron en contacto coa natureza local, podendo coñecer de primeira man as especies autóctonas que lles rodean e empapándose da beleza do Paseo do Louro que tan preto teñen no seu día a día.
“É fundamental que as administracións apliquen medidas e políticas que contribúan a frear os efectos do cambio climático e da explotación forestal indiscriminada. As árbores e os bosques purifican o aire e axudan a regular o clima. A súa importancia e impacto sobre o medio ambiente teñen un valor incalculable”, sinala Carolina González, Concelleira de Educación do Concello do Porriño.
Con este tipo de actividades o Concello do Porriño segue apostando por crear espazos de harmonía entre os veciños e a natureza, para que podamos vivir nun Porriño cada vez máis sostible, implicando tamén aos máis pequenos.