- O pleno aprobou inicialmente reservar preto de 225.000 euros para contratar a 43 persoas desempregadas ao abeiro do Plan Concellos
- A sesión abriuse coa renuncia da concelleira Blanca Francés
O pleno da corporación local aprobou hoxe, cos votos a favor do Goberno Local e EU SON do Porriño e a abstención do resto dos grupos, a maior aportación municipal da súa historia para a contratación de persoal.
O custe do programa laboral deseñado polo executivo para a contratación de 43 persoas desempregadas ao abeiro da liña 3 do Plan Concellos roza o medio millón de euros: 450.489 euros, dos cales 226.489 corresponden á solicitude aprobada xa polo ente provincial. Os 224.061 restantes corren a cargo do Concello, que hoxe aprobou de maneira inicial a modificación orzamentaria precisa para dispoñer dese crédito.
Estas traballadoras e traballadores integraranse nos diferentes servizos e departamentos municipais:
- Obras: dous oficiais de primeira carpinteiro, un oficial de primeira soldador, tres oficiais de primeira albaneis, sete peóns de obra pública, dous oficiais de primeira electricista, un oficial de primeira fontaneiro e un oficial de primeira tractorista/conductor de grúa.
- Parques e Xardíns: doce peóns forestais.
- Unidade Asistencial a Drogodependentes: un auxiliar de enfermería.
- Servizos Sociais: un auxiliar administrativo.
- Cultura: dous auxiliares administrativos.
- Turismo: un titulado na diplomatura ou grao de Turismo.
- Novas Tecnoloxías: un técnico en informática.
- Emprego e formación: dous orientadores laborais.
- Deportes, Mercados e Cultura: seis conserxes.