O Porriño acolle esta fin de semana a XXVI edición da feira de oportunidades “Merca na rúa”, que como sempre se desenvolverá na zona peonil do centro urbano da vila.
Participarán máis de vinte stands con ofertas nunha ampla de produtos e sectores. Roupa, calzado, óptica, mercería ou accesorios son algún dos artigos nos que poderedes conseguir descontos desde 60% e ata o 70%.
O evento, organizado pola Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (Acipor) en colaboración co Concello do Porriño, terá lugar o sábado 10 en horario ininterrumpido de 10 a 21 h e o domingo 11 de 11 a 20 h.
Ademais, para facilitar as compras ás familias, haberá inchables para os máis pequenos e unha visita moi especial, a dos Bolechas que estarán no Merca na Rúa o sábado pola tarde a partir das 17: 30 h.
Esta edición garda unha sorpresa moi especial, a que nos ten preparada a pequena pianista Dasha, que ofrecerá un concerto o sábado a partir das 19:30 h na praza Arquitecto Antonio Palacios.
O domingo pola tarde, a partir das 17 h recibiremos a visita das persoaxes máis famosas de Disney e pechará a programación un concerto a partir das 20h.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, convidou a toda a veciñanza “a encher as rúas unha vez máis e disfrutar da vila mentres se benefician dos mellores descontos, á vez que contribúen a dar pulo ao noso comercio local”.