• Estarán operativos os sete días da semana entre 11:00h e 23:00h. Destaca o alcalde do Porriño que “este é un exemplo do que queremos para O Porriño, demostrando que para grandes e cativos, O Porriño, é o mellor lugar para vivir”

O Porriño, 30 de marzo de 2026. O parque da Feira xa ten operativos os chorros de auga para que a cativada poida disfrutar nesta Semana Santa. Esta instalación pechouse no inverno, para evitar posibles avarías debido ás fortes chuvias e a acumulación de maleza e árbores, xa que están rodeados de zona verde. Pero agora, coa chegada do bo tempo, e as vacacións, volven a abrir de xeito ininterrumpido a lo menos ata o mes de outubro, dependendo do tempo, en horario de 11:00h a 23:00h todos os días da semana.

A diferenza das fontes tradicionais onde a auga se perde tras o seu uso, esta instalación utiliza tecnoloxía de reciclaxe, garantindo un aforro hídrico: a auga recóllese, fíltrase e vólvese a bombear, reducindo drasticamente o consumo total durante a tempada.O sistema garante que, aínda sendo reciclada, a auga cumpra cos estándares sanitarios para o contacto directo coa cativada.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, visitou este luns a zona, cos chorros xa en marcha. Este parque infantil está ao carón do Templete de San Luís e conta desde fai uns meses cun dos elementos máis atractivos para as máis e os máis pequenos, un multixogo que simula unha locomotora de tren ofrecendo unha experiencia lúdica única. “Este é un exemplo do que queremos para O Porriño, demostrando que para grandes e cativos, O Porriño, é o mellor lugar para vivir”, asegurou o alcalde.

O parque converteuse ademais nunha importante zona de lecer para a cidadanía en xeral grazas aos bancos e tumbonas que se dispoñen nas zonas verdes.