O Concello do Porriño está a traballar na iniciativa de participación infantil e adolescente, enmarcada na candidatura do Porriño ao recoñecemento de ‘Cidade Amiga da Infancia’, de UNICEF, que trata de facer un concello máis transparente e próximo, pero sobre todo pretende coñecer as opinións, intereses e necesidades dos veciños e veciñas máis novos, co compromiso de que estas serán atendidas.
Froito deste traballo é a creación do ‘Consello Municipal de Infancia’, que representa a tódolos nenos, nenas e adolescentes do Porriño e que acordou no último Pleno, entre outras iniciativas, a realización de un Pinchorriño Infantil, que se chamará “Pinchoneno’.
O “Pinchoneno’, que tería lugar os días 14 e 15 do mes de setembro, de 7 da tarde a 10 da noite, coincidindo coa antesala das festas locais, foi unha proposta que saíu dos propios escolares e que logo de ser traballada nas aulas, e debatida, foi aprobada por unanimidade no Pleno infantil do pasado mes de abril.
O Concello quere atender e darlle resposta a esta iniciativa que serviría para reforzar a nosa candidatura ao recoñecemento outorgado por UNICEF e para isto, precisaríamos contar coa participación e colaboración do seu colectivo.
Aqueles hostaleiros que decidan sumarse a esta iniciativa e colaboren no proxecto, serán recoñecidos a nivel local pola distinción que se lles otorgará desde o Concello coma ‘Socios impulsores do 1º Pinchoneno’, informando de dita distinción a Unicef , o dereito a publicidade conxunta e cartelería e poder dispoñer do invitado – Participante do programa de televisión Master Chef – para a visita ó seu local e promocionar ó seu pincho durante os dous días que dura a actividade.
O Goberno local confía no compromiso do sector hosteleiro do Porriño coa infancia, apoiando esta iniciativa xurdida dende os propios nenos e nenas porriñeses e que sen dúbida contribuirá a incrementar a imaxe e prestixio da nosa vila a nivel gastronómico e hostaleiro, involucrándonos todos para situar a O Porriño como un referente no respecto e atención aos dereitos dos nenos e das nenas.
Os hostaleiros e hostaleiras interesados en en participar ou en recibir máis información poden dirixirxe aos seguintes teléfonos: 986337624 de 15:00-19:00 horas.- OMIX do Concello; .- 986334000 de 9:30-14:00 horas, Asociación de Comerciantes e Industriais deo Porriño (ACIPOR), ou contactando con José Manuel Fernández, presidente da Asociación de Hostaleiros do Porriño. O prazo de inscrición remata o mércores día 20 de xuño.