O Concello do Porriño está a elaborar o expediente para vender os 26 vehículos que formaban parte do parque móbil municipal, cunha antigüidade media de 20 anos que veñen de ser retirados.
Serán vendidos un por un, cun prezo mínimo de partida. As ofertas deberán facerse en sobre pechado no prazo que se determine. Os sobres coas plicas serán abertos e coñecidos nun acto público no salón de plenos do Concello na data que se determine.
A través de esta páxina web do Concello se dará coñecemento do estado, características e prezo mínimo de cada un dos vehículos para que os interesados dispoñan de información.
Os vehículos retirados atopanse nun recinto municipal onde poderán ser vistos polos interesados nas datas que se estipulen no prego que está a prepararse.
Entre os vehículos retirados que serán vendidos figuran un “Volvo 580” comprado polo Concello do Porriño e matriculado en 2002 (con José Manuel Barros de alcalde), así como diversas furgonetas C-15, Citroen Berlingo, Peugeot Partner con 23, 25 e 27 anos de uso ata vehículos da Policía Local como un “Land Rover Freelander”, un “Nissan Almera” ou un “Peugeot 607” de 2.900 centímetros cúbicos, matrículado hai 17 anos que xa estaban fora de uso.
Os vellos vehículos foron retirados o pasado 8 de outubro, data na que se entregaron os 25 novos que se incorporan mediante “renting”.
Segundo informouse hai días, o Concello do Porriño licitou a renovación total do parque móbil do Concello para garantir a seguridade dos vehículos e dos traballadores municipais empregando criterios de eficiencia enerxética e aforro do gasto público.
Deste xeito determinouse un prego de condicións para renovar mediante concurso público que se iniciou con data 26 de marzo deste ano e rematou en setembro.
Na licitación estableceronse cinco lotes. Presentaronse un total de seis empresas, ningunha delas de Porriño. Eran da provincia de Pontevedra, doutras provincias galegas e tamén había firmas doutras comunidades autónomas.
Catro lotes foron gañados por “GrupiVazgle”, de Lugo e o restante pola firma “Rodosa”, de Vigo.