A concellería de Limpeza, que dirixe José Carlos González, lembra que a cidadanía do Porriño dispón dun servizo de recollida de voluminosos que require de citación previa, pois está prohibido deixar enseres na vía pública sen previo aviso.
Informan dende a concellería que para desfacerse de colchóns, mobles e obxectos de gran tamaño hai que solicitalo chamando ao 665 571 555, onde se lles informará da hora e lugar donde deben depositar os enseres para que sexan recollidos. Depositar entullos na vía pública sen autorización conleva unha sanción de 600 euros.
Dende o Concello tamén indican que a fin de facilitar o servizo aos cidadáns a recollida é, polo de agora, de carácter semanal, e a demanda. Nos próximos días colocarase en todos os colectores este número de teléfono para informar a toda a veciñanza.