- Este domingo, ás 12.00 horas, dende a Praza Arquitecto Antonio Palacios, poderase seguir en directo o encontro España-Inglaterra
O Concello do Porriño únese á celebración do pase de España á final da Copa Mundial Feminina da FIFA e instalará unha pantalla xigante no centro da vila para que todo aquel que o desexe poida seguir en directo o encontro.
Será o vindeiro domingo, 20 de agosto, ás 12.00 horas. Sentados na Praza Arquitecto Antonio Palacios, os espectadores presenciarán este partido de fútbol inédito entre España e Inglaterra que se disputará no Stadium Australia de Sidney.
É a primeira vez que ambas seleccións chegan a unha final do Mundial. As españolas, entre as que se atopa a pontevedresa Teresa Abelleira, lograron o pase logo de vencer 2-1 a Suecia e as inglesas fixérono impoñéndose 3-1 ao equipo local, Australia.