- Será a partir deste luns, 28 de agosto, permitíndose o acceso só ás persoas residentes
O inicio das obras de humanización do antigo campo da feira do Porriño trae consigo un corte do tráfico rodado na rúa Parque Infantil. Así dende o Concello informan que queda prohibido circular por este vía dende ás 08.00 horas do vindeiro luns, 28 de agosto. A restrición prolongarase previsiblemente por un período estimado de dous meses. As persoas residentes si terán acceso.