• Un 55% das persoas participantes xa lograron inserción laboral gracias a unha formación práctica e adaptada ás demandas actuais do mercado de traballo

O Porriño, 23 de xuño de 2025.– O Concello do Porriño celebrou esta mañá o acto de entrega de diplomas ás persoas participantes no Programa Integrado de Emprego “PIE Porriño”, unha iniciativa desenvolvida co apoio da Xunta de Galicia e financiada con 220.000 euros a través do Servizo Público de Emprego Estatal, que conta ademais cunha cofinanciación municipal de 55.000 euros.

O Alcalde, Alejandro Lorenzo, encargado de entregar os diplomas, e a Concelleira de Emprego e Formación, Ascensión Rosario Costas, estiveron presentes no acto, no que destacaron o compromiso do Concello por ofrecer oportunidades reais de inserción laboral á veciñanza.

O programa, que se desenvolve desde outubro de 2024 ata outubro de 2025, ten como obxectivo mellorar a empregabilidade das persoas desempregadas a través de accións de orientación, formación e prácticas en empresas.

O Alcalde, Alejandro Lorenzo afirmou:
“Estamos moi orgullosos do traballo que estamos a desenvolver co Programa Integrado de Emprego. Estes resultados demostran que a formación adaptada ás necesidades reais do mercado é a clave para facilitar a inserción laboral e mellorar a vida da nosa veciñanza. Ademais, durante este ano 2025, o Concello do Porriño está a impulsar diversos plans integráis de emprego, obradoiros de emprego, plans de emprego e formación, que supoñen un investimento de máis de 1 millón de euros destinados ás políticas activas de emprego”.

Ata o momento, xa se impartiron 560 horas de formación presencial e 230 horas en teleformación, con módulos como portugués, prevención de riscos laborais e incluso aplicacións de intelixencia artificial como ChatGPT.

Entre as formacións xa finalizadas e cuxos diplomas se entregaron hoxe destacan:

  • Técnicas de busca de emprego
  • Fundamentos de coaching
  • Operario de produción
  • Prevención de riscos laborais
  • Intelixencia artificial aplicada aos procesos de atención ao cliente
  • Estratexias de servizo: calidade e orientación ao cliente
  • Xestión da cadea loxística
  • Carretillas elevadoras (nivel 1 e 2)
  • Habilidades sociais e intelixencia emocional
  • Plataformas de traballos en altura e manexo de grúa ponte-pórtico

En canto á inserción laboral, un 55% das persoas participantes xa están traballando, das que 27 cumpren co obxectivo marcado polo programa. Un 9% accederon a obradoiros de emprego ou ao Plan + Provincia, mentres que outras continúan con formación, comezan prácticas ou están en proceso de iniciar convenios con empresas.