- 183 nenos e nenas do Porriño participaron nas probas deportivas como salto de altura, salto de lonxitude e loita
- Rafa Durán, humorista e comunicador, percorreu as rúas caracterizado de romano a bordo dun carro tirado por cabalos
O Porriño, 11 de xuño de 2025.- O Porriño converteuse esta mañá nun auténtico escenario digo da aldea gala de Astérix e Obélix, viaxando simbólicamente ao pasado, para dar o pistoletazo de saída a unha nova edición de Porrigalia, os Xogos Olímpicos máis orixinais e divertidos de Galicia que terán lugar o 12 e o 13 de xullo e nos que haberá moitas sorpresas.
A cita tivo lugar na Praza Arquitecto Antonio Palacios que se transformou nun coliseo cheo de enerxía, entusiasmo e fantasía, gracias á celebración de Preporrigalia 2025, unha xornada que congregou a 183 alumnos e alumnas de 3º de Primaria dos centros educativos do Porriño, así como a alumnado de Aceesca.
O evento contou coa presenza do Alcalde, Alejandro Lorenzo, quen estivo acompañado doutras autoridades locais e do carismático Rafa Durán, humorista e comunicador, quen fixo unha entrada triunfal na Praza do Concello caracterizado de romano a bordo dun carro tirado por cabalos, tras un percorrido polas rúas do centro da vila.
“Preporrigalia é moito máis que un acto previo: é a semente que fai medrar o espírito de Porrigalia nas rúas, nos colexios e nos corazóns do Porriño. Hoxe, os máis pequenos déronnos unha lección de ilusión, enerxía e comunidade. Esta praza foi unha festa, pero tamén foi unha mensaxe: xa estamos preparados para vivir Porrigalia como nunca antes”, sinalou o Alcalde Alejandro Lorenzo.
Durante a mañá, os nenos e nenas desfrutaron dun amplo programa de actividades que incluíu:
- Probas deportivas como salto de altura, salto de lonxitude e loita
- Animación de rúa e xogos populares
- Representacións de personaxes históricos pertencentes a distintas civilizacións
O acto rematou coa simbólica entrega de medallas e das tradicionais laranxas de Porrigalia, poñendo o punto final a unha xornada chea de maxia, risa e espírito olímpico.
Preporrigalia 2025 foi unha xornada festiva e participativa que mesturou deporte, historia, diversión e convivencia, marcando o inicio dunha nova edición dun dos eventos máis emblemáticos do Porriño.