A Alcaldía comunica que compre adoptar una serie de medidas complementarias no ámbito municipal á vista do crecemento dos contaxios por covid-19 que motivaron que dende hoxe, O Porriño estea en alerta vermella. O Porriño cun total de 26 contaxios activos, entrou en nivel 3 polo que o goberno municipal, tras unha reunión de urxencia, resolveu as seguintes disposicións:
- Suspender o mercado ambulante dos martes
- Precintar os parques infantís
- Establecer na Praza de Abastos, un control de acceso e un aforo restrinxido, con circuito de entrada e saída.
- Suspensión de actividades culturais tanto nos recintos municipais como nas asociacións.
- Peche da Sala de Estudo Municipal
- Competicions deportivas federadas sen público en recintos pechados e ao aire libre.
Todas estas medidas estarán vixentes ata que mellore a situación.
A alcaldesa Eva García explicou que todas estas decisións “precisan da colaboración da veciñanza” e fixo “unha chamada á prudencia para que os porriñeses e porriñesas limiten os contactos con persoas non convivintes para protexerse a sí mesmos, a súas familias e aos demais. O Ministerio de Sanidade advirtenos de que agardamos meses moi duros e teremos que ser moi responsables”.