A nova pista situarase nunha céntrica parcela ubicada na contorna da Avda. de Galicia Esta localización privilexiada ofrecerá un acceso cómodo para todos os usuarios, tanto da zona urbana como dos arredores, e converterase nun espazo de encontro e actividade deportiva. 

Unha parte da parcela xa está a ser utilizada como aparcamento público gratuíto, o que facilita o acceso á área. A instalación da pista multideporte non interferirá co uso do aparcamento, xa que se distribuirán os espazos de maneira eficiente para garantir tanto a actividade deportiva como a comodidade dos veciños que necesiten aparcar.

“Seguimos apostando pola creación de espazos públicos de calidade e polo lecer saudable, este será un lugar idóneo para a práctica de diversas actividades deportivas adaptándose ás demandas da veciñanza”, explicou o alcalde Alejandro Lorenzo. 

A previsión é que a pista multideporte esté en funcionamento nos próximos meses.