David Alonso, concelleiro do goberno municipal que asumiu a organización das Festas do Cristo 2019, realizou hoxe unha avaliación dos festexos que calificou como “moi satisfactorios”. Dende o Concello do Porriño “valoramos que a xente quedou encantada coas actuacións elixidas e coas novidades que incorporamos na programación como a Banda no Bus que levou a animación de xeirto itinerante ós barrios e parroquias do concello que o valoraron moi ben”, suliñou David Alonso.

O edil indicou que os concertos dos grupos ‘Banda Crebinsky’,‘Dakidarría’ e ‘Efecto Pasillo’ na rúa Domingo Bueno, reuniron a milleiros de persoas e “cumpriron coas expectativas que tiñamos”. David Alonso destacou que “os sectores de hostalaría, comercio, hoteis e servizos indicaronnos que notaron unha suba de afluencia e tiveron unha boa facturación con estas festas, incluso a pesares dalgúns días de choiva”.

“Coido que marcaramos unha nova liña de actuación da que estamos moi orgullosos coma por exemplo coa instauración dos premios ‘Cabezudos e Honra’ que estreamos con Doña Pucha, Cuquín e Teté Delgado, coa organización do primeiro Rally Mix e coa consolidación de eventos como a ‘Nocturna’ con máis de 300 ciclistas participantes ou o ‘Dirk Track’ que reuniu moita xente no Velódromo Municipal”, engadiu o concelleiro.

David Alonso agradeceu “a resposta positiva que recibimos de moita xente que manifestou o seu acordó coa política de contratación de artistas, contido do programa e control do gasto que non se disparou xa que dispuxemos dun arzamento de 160.000 euros, menos do investido en 2018”, rematou o seu balanzo o concelleiro.