- As obras, explica a arquitecta, avanzan a bo ritmo, e “a finais de abril estará rematado”
- “O Porriño é o mellor lugar para vivir, diso estou convencido eu, e as persoas que siguen elixindo este lugar para vivir e empadroarse, por iso non queremos que teñan que sair de aquí nin se quera para ir ao cine”, asegura o alcalde..
- O espazo ten capacidade para 170 persoas, con equipamento audiovisual en 4K e son envolvente pero ademais o proxecto levado a cabo permitirá que se converta nun espazo versatil e polivalente
- Esta actuación conta cun orzamento que supera os 250.000 euros ao abeiro do Plan +Provincia
O Porriño, 31 de marzo de 2026. Despois de máis de tres décadas de espera, o cine volve ao Porriño. Cunhas obras que avanzan a bo ritmo, a arquitecta encargada do proxecto, Estefanía Grandal, asegura que “a finais de abril estará rematado”. De feito, na visita que o alcalde, Alejandro Lorenzo, realizou con medios de comunicación este martes asegurou que toda a sala está xa insonorizada, teito e paredes, e incluso se avanzou en algo que non estaba no proxecto pero que permitirá a versatilidade neste espacio: realizar un graderío para mellorar a visibilidade desde a parte posterior do cine, para que todo o mundo poida ver comodamente a pantalla pero que permitirá tamén que o cine sexa utilizado para outras actividades, como cursos, con butacas que tamén estarán adaptadas.
As obras, que comezaron en xaneiro, tiñan un prazo de execució de seis meses, pero non haberá que esgotar o prazo. Satisfeito, o alcalde puxo en valor o bo saber do equipo que está a levar a cabo estes traballos e agarda poder abrir este espazo tan pronto o concello o recepcione. “Cando estamos xa case chegando os 21.500 habitantes, que é case histórico, cando estamos crecendo como nunca, temos que por a disposición da cidadanía todos os servizos, porque O Porriño é o mellor lugar para vivir, diso estou convencido eu, e as persoas que siguen elixindo este lugar para vivir e empadroarse, por iso non queremos que teñan que sair de aquí nin se quera para ir ao cine”.
Un fito histórico: de 1916 ao século XXI
A relación do Porriño coa gran pantalla vén de lonxe; o municipio contou coas súas primeiras proxeccións de cine en 1916. Porén, tras o peche das salas na década dos 90, a veciñanza viuse obrigada a desprazarse a outras localidades para gozar das estreas. Este novo proxecto non só recupera unha tradición centenaria, senón que o fai con tecnoloxía de vangarda. “O Porriño é o mellor lugar para vivir, diso estou convencido eu, e as persoas que siguen elixindo este lugar para vivir e empadroarse, por iso non queremos que teñan que sair de aquí nin se quera para ir ao cine”.
O alcalde xa estuda de feito cales poden ser as primeira proxeccións. “Estarán as de hollywood – asegura-, estarán as estrellas, pero coa gran canteira que temos en Galicia, non poden faltar tampouco os títulos de aquí, O Corno, por exemplo, temos que poder ver no Porriño a Janeth Novás en pantalla grande”. Así, asegurou que quere poñer en valor a cultura de aquí onde hai canteira, e unha mostra é tamén o Festival de Cans.
Un proxecto de alta tecnoloxía
A reforma conta cun orzamento de 251.739,60 euros (financiado polo Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra) e transformará por completo a planta baixa do Centro Cultural.
O proxecto inclúe a redistribución dos espazos, eliminando o escenario elevado e os camerinos traseiros; a mellora acústica e estética das paredes mediante trasdosado con illamento e acabado en madeira; a renovación das butacas para adaptar a sala a diferentes usos, desde proxeccións cinematográficas ata conferencias e charlas; e novas instalacións de iluminación e son, aproveitando a climatización existente.
Permitirá que a sala se converta nun espazo multifuncional, apto para proxeccións, conferencias e actividades culturais, dinamizando o centro cultural e o tecido económico e social do Porriño.
O equipamento audiovisual supuxo un investimento de preto de 100.000 euros subvencionado pola AGADIC da Xunta de Galicia. Esta nova sala disporá dun sistema de proxección en 4K Ultra Alta Definición, pantalla profesional de 5×3 metros con sistema de tiro directo, servidor con capacidade de 16TB e un avanzado sistema de son envolvente, que permitirá exhibir estreas de cine e ofrecer unha experiencia cinematográfica de primeiro nivel.
A duración estimada das obras é de seis meses,aínda que avanzan a bo ritmo, según explicou a dirección da obra durante a visita.
“Este pobo está cheo de vida e de cultura, e este espazo permitirá sobretodo a mocidade seguir encontrando os seus espazos” ”, conclúe Alejandro Lorenzo.

