O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, presidiu hoxe a inauguración da nova tenda de Avatel na localidade, acompañado polo tenente de alcalde, Abel Estévez, o concelleiro de Novas Tecnoloxías, Bienvenido Estévez, a directora de Tendas de Avatel, Paola Mirasol, e o responsable da firma no Porriño, Carlos Garabatos.
O operador de telecomunicacións líder no segmento rural, implantou a súa infraestrutura de banda ancha no Porriño co obxectivo de potenciar a súa transformación dixital, facilitando o mesmo nivel de conectividade a Internet que se goza nunha gran urbe. Grazas a iso, máis de 5.000 fogares e familias porriñesas xa teñen acceso dá a nova rede de fibra óptica que despregou a compañía, e que alcanza capacidades de 1GB.
Ademais, a infraestrutura da operadora levou conectividade a Internet por primeira vez ás vivendas do Polígono Torneiros, onde ata o de agora carecían dela.
O rexedor e a directora de Tendas de Avatel, Paola Mirasol, mantiveron unha reunión sobre a marcha do proxecto con motivo da inauguración da tenda na localidade, situada na rúa Antonio Palacios. Nela, puxeron en valor o investimento da operadora no municipio, realizada con fondos propios, para crear a rede de conectividade ultrarrápida para o acceso a Internet no centro urbano. Así mesmo, este investimento fixo posible a creación postos de traballo de comerciais e técnicos.
Lorenzo mostrou a súa satisfacción pola apertura dun novo establecemento na localidade e incidiu no “imprescindible de contar con fibra óptica para os veciños e veciñas de Porriño” Segundo o alcalde “a conectividade neste momento é algo tan importante como calquera outro dos servizos esenciais” e por iso ofrece toda a colaboración da administración local ás operadoraspara conseguir que o despregamento de fibra chegue a todas as vivendas do termo municipal.
Pola súa banda, Paola Mirasol agradeceu a colaboración municipal para facer posible o despregamento. Sinalou que “chegamos para quedarnos, para facer cidade e converternos en parte activa do tecido porriñés. Avatel conecta co Porriño no seu carácter emprendedor e innovador. E mantén o espírito do operador local, próximo ao cliente, escoitando as súas necesitades e implicándose co seu tecido social”.
Pola súa banda, Carlos Garabatos, responsable de Avatel no Porriño, asegurou que “estamos moi ilusionados con este proxecto, que creou emprego local e vén sumar: a conectividade fai posible acceder a servizos dixitais avanzados, plataformas de lecer e abre oportunidades de desenvolvemento económico ligadas á dixitalización das empresas existentes e ao nacemento de outras”.