Unha das primeiras medidas ordenadas polo alcalde Alejandro Lorenzo, é a reparación urxente de columpios e outros elementos de todos os parques infantís do concello.
As actuacións iniciaronse esta mañá no Parque Infantil onde tres operarios do Servizo de Deportes comezaron a reparar o tobogán e outros elementos deste espazo, que se atopa en estado de abandono. O alcalde, en compañía do concelleiro Abel Estévez, acudiu a comprobar o inicio dos traballos.
Alejandro Lorenzo decidiu que “o mantemento dos preto de trinta parques infantís pase directamente á competencia da Concellería de Deportes, que conta con medios propios para acometer esta actuación de emerxencia que se estenderá a todos os parques infantís do municipio que se atopen nun estado lamentable”, segundo manifestou o novo alcalde.
Alejandro Lorenzo anunciou que se fará un “mantemento diario” e que “a principios de ano trataremos de destinar un orzamento para mellorar os parques infantís do Porriño cunhas instalacións acordes ao século que vivimos”, concluíu o rexedor porriñés.