236 nen@s participan no XXI Campus do club “Porriño Baloncesto Base”

236 NENOS E NENAS PARTICIPAN NA XXI EDICIÓN DO CAMPUS DO CLUB “PORRIÑO BALONCESTO BASE”

Este mediodía a alcaldesa Eva García visitou á hora do xantar ós rapaces que participan esta semana no campus do club “Porriño Baloncesto Base” que se desenrola coa colaboración fundamental do Concello. Cunha participación final de 236 inscritos, con rapaces de idades comprendidas entre 5 e 17 anos, celebrase ata o sábado 29 de xuño no Polideportivo Municipal.

A alcaldesa e maila concelleira Lourdes Moure departiron cos rapaces e cos monitores interesando polas actividades que están a desenrolarse.  

Pola tarde foi o concelleiro David Alonso o que acudiu para seguir o desenrolo do campus e comprobar a demostración de Martín Iglesias, ex xogador do Porriño Baloncesto Base que actualmente milita no Barcelona.

A participación deste e outros xogadores de nivel é unha das novidades que o club anunciou con respecto ás edicións anteriores, entre as que destaca tamén que a dirección do campus corre a cargo de Lucas Vaquero avalado pola súa experiencia como xogador e entrenador de Liga EBA en Porriño.

O Concello do Porriño declara o seú apoio á candidatura da Xunta de Galicia para o “Programa LIFE” que aportaría fondos da UE para o plan de descontaminación do lindano

O Concello do Porriño, a través dunha carta que a alcaldesa Eva García ven de remitir á Dirección Xeral de Calidade Ambiental, declara o seu apoio á candidatura da Xunta de Galicia para acceder ós fondos do “Programa LIFE” da Uión Europea que aportaría fondos para afrontar o desexado plan de descontaminación do lindano no noso municipio.
Nunha comunicación previa, Maria Cruz Ferreira, Directora Xeral de Calidade Ambiental informou ó Concello que unha das medidas propostas pola Xunta na súa candidatura ó Programa LIFE é “obter fondos para a posta en marcha dun proxecto para abordar a situación da contaminación por residuos de lindano presente no seu concello”, indicaba a carta da responsable autonómica á alcaldesa porriñesa.
Na mesma misiva, a Alcaldía traslada á Xunta de Galicia “o compromiso do Concello do Porriño para contribuir cos medios necesarios no desenrolo das accións” que pasaría desde facilitar o acceso a traballos en terrenos públicos ata tramitación de permisos, tratamento de terrenos contaminados ou programas de educación e capacitación ós vecinos do Porriño sobre os riscos asociados cos residuos do lindano.

Precisamente nesta semana a alcaldesa e varios concelleiros do futuro goberno municipal mailo inspector xefe da Policía Local acudiron a Torneiros, a petición de veciños, a comprobar a existencia de posibles novos brotes de lindano procedentes ou vencellados a rede de saneamento. Despois da visita descartase inicialmente a aparición de novos verquidos.

As brigadas municipais están a traballar nos desbroces e limpeza nas parroquias

As brigadas municipais están a traballar nestes días nas labouras de desbroce e limpeza, baixo a dirección do novo concelleiro Sergio Casal. Os traballos fixeronse en Chenlo, Mosende Atios e tamén en parques públicos de Porriño.
As tarefas desenrolanse en colaboración coas comunidades de montes para dar cumprimento á normativa da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia sobre franxas de seguridade pola prevención de lumes forestais.

A alcaldesa do Porriño reclama por carta á Xunta de Galicia as melloras prometidas na travesía de A Vaquería e garante o pleno respaldo do Concello ás reivindicacións veciñais

Eva García de la Torre, alcaldesa do Porriño reclamará por carta á Xunta de Galicia o proxecto de reforma da estrada PO-510 que comprometera a Consellería de Infraestructuras cos veciños de A Vaquería para resolver o problema de inseguridade vial que denuncian. Se non hai resposta en dez días, a Alcaldesa trasladará ós demáis grupos municipais da Corporación que apoien ás movilizacións dos veciños de A Vaquería que “se levarían ata Santiago de Compostela, ás portas mesmas da Consellería co noiso apoio e presenza”, declarou Eva García.
A rexedora municipal trasladou a unha comisión veciñal de A Vaquería “o pleno respaldo da Alcaldía ás súas reivindicacións”. Asimesmo Eva García comprometeuse a mandar “de inmediato” unha carta a Ethel Vázquez, Conselleira de Infraestrcuturas para lembrarlle que durante a pasada campaña electoral o PP prometera realizar e entregar ós vecinos, nun prazo de 15 días, un proxecto de mellora da de seguridade vial na travesía da estrada autonómica PO-510 “do que non hai noticia”. Na súa misiva, a alcaldesa requiere á conselleira unha respota no prazo de dez días.
Os veciños deste barrio da parroquia de Budiño reclaman pasos de peóns, semáforos e isletas. Como as súas peticións no foron atendidas ainda pola Xunta, están a cortar diariamente o tráfico, nun carril da estrada, dúas veces ó día.

EVA GARCÍA REITERA A SÚA CONFIANZA NA XUSTIZA E MANTÉN A SÚA FOLLA DE RUTA PARA A FORMACIÓN DO GOBERNO MUNICIPAL

Eva García de la Torre expresou este serán a súa “confianza na Xustiza” e afirmou que a decisión da Audiencia Provincial coñecida hoxe “non afecta a miña actividade política nin a meu cargo como alcaldesa e polo tanto manteño a folla de ruta para a formación de novo goberno municipal de Porriño.
A Sala Cuarta da Audiencia de Pontevedra anulou a senteza que dictou o Xulgado Penal nº1 da capital que absolvía a Eva García dun presunto delito de falsedade en documento oficial pola denuncia duns particulares durante o seu exercicio profesional como avogada. “A Audiencia revoca esa sentenza ó entender que o Xulgado Penal non contemplou un presunto delito de deslealdade profesional que fora imputado pola Fiscalía contra mín durante a vista oral e polo tanto se retrotraen as actuacións ó Xulgado Penal para que o seu titular se pronuncie sobre ese suposto” explicou a propia afectada.
Eva García reiterou a súa confianza en acadar de novo unha sentenza absolutoria como xa acontecera no anterior xuizo y manifestou a súa confianza no Poder Xudicial.
Por outra banda esclareceu que este feito xudicial “é alleo á miña actividade política polo tanto non afecta a miña condición de alcaldesa ni modificará a miña folla de ruta para rematar as negociacións e formar goberno municipal de progreso para Porriño”, segundo dixo.

Comezou polo edificio de “Instalauto” a colocación de xaulas para controlar a poboación de pombas na cidade

Persoal especializado da empresa “Rentokil” comezou a colocación de xaulas para controlar a poboación de pombas. Na imaxe adxunta observase a que se situou no edificio abandoado de “Instalauto”, o carón da Praza Central. Precisamente nese punto do casco urbán así como noutros producironse queixas reiteradas de taxistas, locais de hostalería e moitas comunidades de veciños de edificios o que motivou que o Concello de Porriño, ante estas peticións contratase á empresa “Rentokil” para controlar a poboación de pombas mediante métodos de loita biolóxica.

A empresa que ten sede no polígono porriñés da Granxa, obtivo a semana pasada a correspondente autorización da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia para iniciar as labouras de trampeo que se alongarán durante un ano, a través de accións mensuais.

Polas estimacións dos técnicos de “Rentokil”, uns 300 exemplares compoñen a poboación de pombas que actualmente hai no centro urbán da cidade.

A colocación de xaulas para a captura destes animais realizaráse tamén no edificio do Concello, na praza Arquitecto Antonio Palacios. En ambos os dous comprobouse que as pombas colocan os seus niños e polo tanto se concentran en eles a meirande parte destas aves.

O club Porriño Baloncesto Base celebra a XXI edición do seu campus

Cunha participación de máis de 220 inscritos, rapaces de idades comprendidas entre 5 e 17 anos, celebrase dende hoxe e ata o 29 de xuño o campus do “Porriño Baloncesto Base” coa colaboración fundamental do Concello do Porriño.
O club anunciou moitas novidades preparadas con respecto ás edicións anteriores. Unha delas é o relevo na dirección do campus que corre a cargo de Lucas Vaquero que exporá a súa experiencia como xogador e entrenador de Liga EBA en Porriño.
Ademáis de baloncesto, nesta vixésimo primera edición destacan actividades de tempo libre baixo a dirección de May de la Peña que permitirán que os participantes disfruten de actividades como scape room, fornite en vivo, chikung, cabuyería, plogging, slackline, ultimate, power fitness e diversos obradoiros. Se as condicións meteorolóxicas permiten volverán a practicar Kayak no río Miño e volverán ás piscinas de Ourense.

https://photos.app.goo.gl/dyBzu3QqRPrSLiSP8

O edificio do Concello do Porriño alumeado en verde polo Día Mundial da “ELA”

Como amosa a fotografía, esta noite o edificio consistorial do Porriño luce en cor verde, en solidariedade cos enfermos de Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA). Deste xeito o Concello do Porriño sumouse a iniciativa de ámbito estatal e galego “Luz pola ELA”, promovida polas asociacións de enfermos de esta enfermedade dexenerativa do sistema nervioso, que buscan sensibilizar á sociedade.
A operativa técnica do alumeado en verde do consistorio corresponde á empresa “X Quatro Espectáculos”. Empregan proxectores de alta luminosidade Parled, de baixo consumo.

O edificio do Concello será alumeado en verde polo Día Mundial da “ELA”

Esta noite o edificio consistorial de Porriño estará alumeado en verde como sinal de adhesión do Concello co Día Mundial da “ELA” (Esclerose Lateral Amiotrófica). Tratase dunha efeméride impulsada polas asociacións de pacientes para que a sociedade coñeza esta enfermedade dexenerativa do sistema nervioso da que se diagnostican unha media de tres novos casos diarios en España. En Galicia o ano pasado detectaronse 54 novos casos, unha prevalencia maior ca noutras rexións o que está vencellado co envellecemento da poboación.

A iniciativa de ámbito nacional, que na nosa comunidade autónoma canaliza “AGAELA” (Asociación Galega de Afectados pola ELA), noméase “Luz por la ELA” e persegue que nas principais cidades de Galicia os monumentos emblemáticos ou edificios dos concellos sexan alumeados en cor verde.

A empresa “X Quatro Espectáculos” encargase da operativa do alumeado mediante proxectores de alta luminosidade Parled de baixo consumo. O alumeado comezará ó redor das once da noite xa que hoxe o ocaso está previsto a partir das 22,12.