O Parque Alcalde Ordoñez, coñecido comunmente como o Canónico, cobrará nova vida. O Concello do Porriño proxectou a transformación deste espazo nun referente urbano verde, máis seguro e accesible.
Desde a súa inauguración no ano 1991, o parque experimentou un deterioro progresivo debido en gran parte ao seu deseño pechado. Pola súa ubicación, actúa case como unha barreira física que separa o centro da vila co barrio da Malladoura e xera un entorno inseguro, con baixa visibilidade e áreas de difícil acceso. Por iso, o Concello do Porriño proxectou a súa mellora, recuperando o parque para a veciñanza e convertíndoo nun pulmón verde que impulse a dinamización da zona.
Con este proxecto de mellora búscase mellorar a accesibilidade e seguridade do parque, o que se conseguirá a través dun deseño urbano e paisaxístico que elimina as barreiras arquitectónicas actuais. Entre os principais obxectivos, atópase a apertura do espazo, con maior visibilidade desde o exterior e sen ángulos mortos, para que tanto os transeúntes como os usuarios poidan gozar dun entorno relaxante e seguro.
A vexetación xogará un papel clave no deseño do novo parque, incrementando a masa verde e proporcionando sombra natural, o que favorecerá a sustentabilidade. Ademais,k incluiranse diversos elementos de auga, como fontes e pequenos estanques, que contruibuirán ao benestar dos usuarios. Instalaranse chorros de auga na zona arbolada nos que poderán xogar os nenos e nenas.
O novo deseño incorporará mobiliario urbano moderno, como mesas, tumbonas e sillas, que se distribuirán nas zonas sombreadas preto dos elementos de auga, brindando áreas de descanso cómodas e atractivas. Tamén se incorporarán gradas de pedra, que formarán pequenos anfiteatros multiusos.
Non só se mellorará o interior do parque, senón que tamén contempla a mellora da conectividade coas rúas adxacentes, como Tarela e Navuxil.