O programa `Música e Viño no teu Camiño´ baixa esta semana o pano despois dun mes de concertos cos que Eu Rural e Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño e a grupos emerxentes do territorio ao tempo que se xeran espazos de encontro e lecer nos que gozar da boa música e dos viños con DO Rías Baixas e da gastronomía local nos establecementos hostaleiros da contorna. Serán cinco as citas musicais desta fin de semana, unha delas no noso municipio.
 
O músico, produtor, compositor e arranxista porriñés, Raúl Ben , chegará este venres 21 de outubro á praza Arquitecto Antonio Palacios ás 19 h co seu estilo influenciado polo pop acústico, o blues, o jazz, os ritmos latinos e polas letras dos grandes cantautores de fala hispana, que fai que os seus temas estean cheos de matices moi diferentes e que a sensibilidade sexa unha das súas maiores fortalezas.
 
O concerto é gratuíto e aberto a todos os públicos. `Música e Viño no teu Camiño´ desenvólvese ao abeiro do programa “O teu Xacobeo” impulsado pola Xunta de Galicia.