Co gallo do 25 de novembro , ‘Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller’, o Concello do Porriño a través da súa Concellería de Igualdade, “optou este ano, por invitar á reflexión para que cada un/ha sexamos quen conclúa o lema segundo o seu criterio”, sinala a concelleira Soledad Giron.
‘NON ME DÁ IGUAL…’
Nesta liña, convócase o “II Concurso de tuits”contra a violencia de xénero, co fin de sensibilizar e previr á cidadanía presente na rede social contra a lacra machista.
En torno a este día, dende a Concellaría de Igualdade tamén organizase unha serie de actos que se desenvolverán nestas datas e horarios: o sábado,día 24, ás 10 da noite, no Pavillón Municipal, concerto de Mercedes Peón. A entrada é de balde ata completar aforo.
O domingo , 25 á 1 da tarde, na Praza do Concello, ‘mini’ concerto de rap “ Xénero Versos”, un proxecto desenrolado co alumnado da ESO do Porriño contra violencia de xénero no ano 2017-2018. Tras o concerto haberá unha concentración en memoria das vítimas.
Dentro do ciclo “ Mulleres cinema” proxectaranse tres películas: a primeira o mércores, día 28 ás 7 e media da tarde no Círculo Recreativo Cultural, baixo o título “ Todas as mulleres que coñezo”, da directora Xiana do Teixeiro; a segunda o xoves 29, ás 8 e media da tarde, no mesmo lugar, “Con el viento”, da directora, Meritxell Corell, e a terceira “ Viaje al cuarto de una madre”, o venres, 30, ás 7 e media da tarde, tamén no Círculo Recreativo Cultural , da directora Celia Rico. A entrada é libre e de balde ata completar aforo.