O Concello do Porriño levará a cabo durante este verán varias actuacións de mellora nas dúas escolas infantís “A Galiña Azul do Municipio”. O alcalde, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Política Social, Teresa Veloso, explicaron que en total investiranse 30.000 euros en actuacións que mellorarán a funcionalidade de ambos centros.

No caso da Galiña Azul de Torneiros acometerase a remodelación integral do xardín traseiro, con especial atención ás medidas de seguridade e a creación dunha área de xogos adecuada para a cativada de 0 a 3 anos. Inclúe a reforma da cuberta da pérgola, a limpeza e acondicionamento do muro, nivelación do terreo reubicación das varandas, eliminando esquinas perigosas. Tamén a instalación de xogos infantís fabricados en base e madeira.

Nas instalacións da Galiña Azul de Doantes de Sangue adaptaranse os aseos, cambiando todo a instalación de fontanería e mobiliario, renovarase o da sala común e acometerase unha revisión integral das instalacións.

A concelleira explicou que “estas obras teñen como obxeto que os espacios destinados aos nenos e nenas lles permitan medrar nun entorno feito a súa medida, promovendo a súa autonomía e a creatividade”.

No mesmo sentido se expresou o alcalde, destacando a importancia “de manter estas instalaicóns nas mellores condicións para que os nosos pequenos e pequenas teñan os mellores coidados e atención”.