Hoxe entra en funcionamento a liña de autobús que conecta O Porriño (Avda. de Galicia) e Praia América (Rotonda de Rans). Como en anos anteriores a liña é de frecuencia diaria, incluíndo laborais e festivos.
O horario de saída será ás 15 h desde a parada de autobuses do Porriño e a volta ás 20:30 h dende a rotonda de Rans, en Nigrán. A viaxe será directa pola autopista. O custe do servizo é de 1,55 euros por viaxe, rebaixado a 0,45 euros para quen conte coa tarxeta metropolitana. Para as persoas maiores de 65 anos e as que dispoñan da Tarxeta Xente Nova a viaxe é gratuíta.