O vindeiro domingo 31 de Marzo, a Asociación Deportiva A Forna de Budiño organiza, un ano máis, a súa tradicional marcha cicloturista de montaña, que chega a súa decimoctava edición o que a convirte nunha das máis antigas de Galicia. Tamén terá lugar o mesmo día a cuarta edición do Trail de montaña asimesmo organizado pola antedita asociación. Para a organización de ambalasdúas probas, o Concello de Porriño colabora dun xeito moi importante.
O recorrido da marcha BTT –que non é competitiva- terá 30 quilómetros cunha dificultade media-alta e 26 km de dificultade media. Discorrerá por camiños das parroquias de de Budiño e Atios, no concello de O Porriño, e de S. Xurxo e Picoña en Salceda de Caselas.
O Trail de montaña sí que é competitivo, establecéndose varias categorías femiminas e masculinas. Consta de duas distancias, 23 km e 13 km. Tamén percorrerá por camiños das parroquias de Budiño, Atios e Cans no concello de O Porriño e S. Xurxo no concello de Salceda de Caselas.
Para a inscrición nos dous eventos, a Asociación Deportiva ten habilitado un espazo na web www.aforna.org no que se pode atopar os planos e perfís dos recorridos e toda a información relativa ós dous eventos.
A organización agarda entre 400 e 500 participantes para os que vai dispor dun servizo de axuda ós ciclistas que incluirá ambulancia e avituallamento á metade das duas probas con subministro de líquidos e sólidos.
Ó final da marcha a organización dispón dun servizo de duchas para tódolos participantes así como un servizo de lavado de bicicletas, así mesmo os participantes poderán degustar ao remate unha tapa de callos.
A Asociación Deportiva A Forna agradece a importante colaboración do Concello do Porriño e as comunidades de montes, así como das empresas que aportan alimentos, bebidas e agasallos para os participantes.