A Concellería de Cultura e Festas que dirixe Cami Moreira anuncia a presentación mañá xoves, en roda de prensa, da segunda edición do certame “Batalla de Debuxantes Improvisdado”. A comparecencia terá lugar ás 12 horas no salón de plenos do Concello e xunto coa concelleira, participarán Noelia de la Fuente, responsable da Oficina Municipal de Información á Xuventude (OMIX) e Pablo Castiñeira, responsable de “Vella Escola”, entidade productora do certame.
Este concurso lanzouse por primeira vez no 2020, no primeiro estado de alarma “como un estímulo para os creativos, para que puideran traballar dende as súas casas pese ao confinamento”, como explicou entón Cami Moreira. Realizouse unha convocatoria por redes sociais para debuxantes que, de xeito profesional ou aficionado, desenvolverán algunha disciplina artística realacionada coa pintura. Entre os debuxos presentados, seleccionaronse seis artistas que concorreron á final celebrada nas Festas do Cristo nun escenario habilitado na praza do Concello. O artista alcumado “O Ras”, de Pontevedra foi o gañador daquela.