As estimacións da organización apuntan que a sexta edición do Triatlón Concello de Porriño que se celebrará o vindeiro 8 de xuño, superará os 200 participantes, á vista de do ritmo de inscripcións feitas. O prazo rematará a medianoite do martes 4 de xuño.
Na presentación da proba que se realizou o pasado venres, Gonzalo Triunfo, presidente da Federación Galega de Triatlón ponderou que “esta é unha das probas populares considerada entre as mellores de Galicia”. Segundo sinalou o presidente de Fegatri o Triatlón Concello de Porriño “tén unha sona especial polas súas características técnicas e deportivas” dado que inclue as transicións de Tui, no río Miño, onde a Comandancia de Mariña; na rúa Domingo Bueno en Porriño para deixar as bicis e pasar a carreira a pé polo casco vello ata a praza do Concello onde estará a liña de meta.
O tramo de natación de 750 metros, desenrolase no Miño; o tramo de bici é de 20 kilómetros entre Tui e Porriño e despois o tramo de carreira tén 5 kms de lonxitude.
Na presentación do VI Triatlón Concello de Porriño actuou de madriña a ciclista porriñesa Ana María Gónzalez Cuña, actual subcampeona de España e de Galicia de BTT Master 40. Fora invitada polo Concello “coa intención de render, na súa persoa, unha homenaxe a todas as mulleres deportistas; pola mesma razón, este ano, a iconografía do Triatlón baseáse na cor morada” segundo explicou Eva García, alcaldesa de O Porriño. Lembrar que se trata da sexta edición porque en 2018 a organización decidiu suspender pola coincidencia en datas co loito oficial decretado en Tui polas mortes causadas pola explosión de material pirotécnico en Paramos