O Concello do Porriño, a través da Concellería de Igualdade, abre o prazo de inscrición o vindeiro luns día 10 de xuño para o “Campamento de verán 2024”, dirixido á cativada entre 3 e 12 anos cumpridos, para axudar a conciliación da vida persoal e laboral.
O Concello pon a disposición de forma gratuíta un total de 50 prazas por semana para rapaces e rapazas que desexen disfrutar do verán facendo actividades e xogos nas instalacións municipais durante as mañás de xullo e parte de agosto. O campamento terá lugar entre o 1 de xullo e o 8 de agosto en horario de 8:30 a 14:00 horas. Os solicitantes poderán escoller as semanas que máis lles interese e, de haber máis solicitantes que prazas, se fará unha selección seguindo o baremo e a orde de inscrición.
A presentación das solicitudes está aberta desde o 10 de xuño ás 9:00 horas e rematará o 17 de xuño ás 8:59 horas. Poderá realizarse por sede electrónica ou presencialmente por rexistro; neste último caso, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Carolina González, Concelleira de Igualdade, apunta que “un ano máis apostamos pola conciliación e apoiamos as familias para que, mentres os proxenitores traballan, a cativanza disfrute facendo diversas actividades e socializando nun ambiente seguro”.