A empresa Lonza Biologics, con sede no Porriño, doou ao Concello do Porriño 10.000 mascarillas quirúrxicas para entregar a entidades sociais da contorna. A biotecnolóxica quere contribuir con este xesto a recoñecer o importante labor social que desenvolven estes entes e a súa inestimable contribución á sociedade porriñesa.
 
Os destinatarios deste material serán a Unidade Asistencial de Drogodependencias do Porriño (UAD), a Unidade de Atención Diurna de AFAGA Alzheimer no Porriño e o Centro residencia das Esclavas de las Virgen Dolorosa. Todas elas entidades que, pola súa natureza, precisan deste material de protección no seu día a día.
 
O alcalde, Alejandro Lorenzo, recibiu o material doado da man do director xeral de Lonza Biologics Porriño , Fernando Rodríguez. No acto de entrega participaron tamén a directora de RRHH e a responsable de compras da bioteconolóxica, María Santos e Soledad Sampedro, respecitvamente; os concelleiros Teresa Veloso e Marcos Martínez; María José Sentí, representando á UAD do Porriño; Levi Olivares e Ángeles Iglesias, das Escravas da Virxe Dolorosa, e Diana Rodríguez, directora da Unidade asistencial de Afaga no Porriño.
 
“Dende o Concello queremos agradecer este xesto de Lonza, que demostra a súa implicación coa veciñanza do Porriño e a súa contribución social”, apuntou o alcalde, “Lonza é sen dúbida un dos buques insignia da nosa industria, non soamente polos máis de 500 empregos directos que xenera a súa planta de producción e os miles indirectos nas auxiliares, senón tamén pola súa responsabilidade social”.