Xa está aberto o prazo de inscipción para o II Concurso Drag Queen do Porriño Orgulloso, organizado polo Concello do Porriño, que se celebrará o vindeiro 28 de xuño con motivo do Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+.

O Concello premiará con mil euros ás mellores drag queens da noite: 500 euros para a gañadora, e 300 e 200 euros para a segunda e a terceira clasificada respectivamente. 

Os persoas que queiran participar -maiores de 18 anos- terán ata o 20 de xuño do concurso para achegar a súa inscrición, ben de xeito presencial no Rexistro Xeral, ben de xeito telemático a través da sede electrónica do Concello. As bases do concurso xunto co documento de inscrición están dispoñibles na web de cultura do Concello.