Alejandro Lorenzo, alcalde, e Abel Estévez, concelleiro de Deportes e presidente do Club Balonmano Porriño, presentaron onte o torneo de banlonmán I Memorial Julio Gilsanz, que terá lugar o venres 9 e o sábado 10 no pavillón municipal. Trátase dun torneo internacional que honra a figura de Julio Gilsanz, fundador do club e presidente do mesmo durante moitos anos. “O torneo servirá tamén para que o noso equipo de División de Honor teña unha pretemporada de calidade e desde a directiva desexamos que o torneo teña permanencia no tempo”, comenta Estévez.
O torneo consta de catro partidos e catro equipos. Este I Memorial Julio Gilsanz vai reunir ao 4º e 5º clasificados da Liga Guerreiras Iberdrola, Conservas Orbe Zendal Balonmano Porriño e o Mecalia Atlético Guardés, respetivamente; e os 4º e 5º clasificados na Liga de Portugal, o AD Academia Adebol São Pedro do Sul e o ABC de Braga UMinho.
Na primeira xornada, o venres 9 de agosto, o Mecalia Atlético Guardés batirase co AD Academia Adebol SPS ás 19:15 h; e o Conservas Orbe Zendal Balonmano Porriño fará o propio co ABC de Braga UMinho ás 21:00 h. O sábado 10 disputaranse os partidos do terceiro e cuarto posto ás 17:30 h e a final terá lugar ás 19:30 h.
Será o debut no equipo porriñés das últimas fichaxes do Club, as xogadoras Lucia Laguna, Daniela Moreno e Katia Zukovanovas que recentemente pasaron a formar parte do equipo Consevas Orbe Zendal Balonmán Porriño.
Abel Estévez agarda “que toda a afición do Porriño goce con este torneo gratuito que conta coa participación dos dous equipos galegos na División de Honra e cos homónimos en clasificación na liga portuguesa”.
“O I Memorial Julio Gilsanz, coincidindo coa participación por primeira vez dun dos nosos clubes no Campionato Europeo, marca unha nova era no deporte no Porriño. É un orgullo contar con este torneo no Porriño e con deportistas coma vos”, declarou Alejandro Lorenzo.
O Balonmano Porriño lanza a súa campaña de socios co lema “A porta de Europa”
Esta campaña de socios, co lema “A porta de Europa, está enfocada á primeira participación europea do noso club. Os seus protagonistas, Sarai Samartín, capitana do noso equipo, e un xogador de base, diríxense o Templete de San Luís, creado polo arquitecto porriñés Antonio Palacios, simbolizando a entrada en Europa do noso club pola porta máis representativa do noso concello, sen esquecernos da importancia dos nosos equipos de base.
Os actuais siareiros poderán renovar os seus abonos e os novos interesados poderán inscribirse desde a plataforma Cluber, cuns precios similares os da pasada tempada. Os siareiros poderán acceder aos encontros que xogue como local o noso equipo de División de Honra, tanto da Liga Guerreiras Iberdrola, Copa da Raiña e EHF European Cup, así como aos encontros dos equipos de Primeira Nacional Masculino e División de Honra Prata Feminina.