A Concellería de Cultura anunciou que este ano haberá aforo limitado para presenciar o Concurso de Rondallas no Pavillón 1 do Polideportivo Municipal Exactamente haberá 1.668 localidades dispoñibles para o público en xeral que se ocuparán por estricto orde de chegada desde a apertura de portas no recinto, a partires das 17 horas. O Concello contratou unha empresa de seguridade privada que se encargará do control de acceso ó Polideportivo.
Ademáis habilitaráse unha pantalla xigante no Pavillón 2 onde estarán os componentes das sete rondallas participantes a fin de aliviar o aforo no Pavillón 1.
E para que o evento poida ser seguido por moita máis xente, realizaráse este ano retransmisión por “streaming” da que facilitaremos máis información en breve.
No que atinxe ó concurso, haberá sete agrupacións participantes que actuarán na orde seguinte:
- Rondalla do Centro Cultural de Torroso
- Rondalla Círculo Santa Eulalia de Mos
- Rondalla Mosteiro de Tui
- Rondalla do CSCR de Beade
- Rondalla Helios de Bembrive
- Rondalla da Asociación Recreativa Santa Eulalia de Atios
- Rondalla da Asociación Cultural Musical de Pontellas
A Concellería de Festexos organiza esta edición que terá lugar o día 1 de xaneiro de 2020, a partir das 18 horas con carácter competitivo.
Os premios do concurso serán 1.500 euros, para a primeira rondalla clasificada; 1.000 euros, para a segunda e 500 euros, para a terceira. Ademáis a rondalla gañadora terá que actuar un día a convir por ambas partes durante as festas de Nadal nas rúas do Porriño.
Entre as bases establecese que as agrupacións participantes realizarán, previo ó inicio do concurso e na mesma orde de actuación, un pasarrúas de trinta minutos polas seguintes rúas da vila: Praza do Arquitecto Antonio Palacios, Rúa Antonio Palacios, Rúa Doantes de Sangue, manténdose neste último lugar á espera da entrada ó concurso. No caso de suspensión dos pasarrúas por choiva, concentraranse na mesma orde e horario no Pavillón Municipal de Deportes.