Esta fin de semana, Cans vestiuse de alegría para celebrar os 100 anos de Fermina Fernández, coñecida cariñosamente por todos como Fermina do Pouso. Os seus seres queridos uníronse nun acto de agarimo e recoñecemento cara a unha muller que foi un piar na súa contorna e un exemplo de dedicación e amor familiar.
Fermina, quen traballou como costureira e vendedora ambulante ao longo da súa vida, destaca polo seu incansable espírito e a súa calidez humana. Aos seus 100 anos, conserva vivos todos os seus recordos, sempre disposta a compartir historias acompañadas dun sorriso que ilumina o día de quen a rodea.
Como xa adiantamos, a celebración foi unha conmovedora reunión familiar, onde as súas tres fillas, seis netos e once bisnietos reuníronse para render homenaxe á matriarca da familia. Ela, luciu con orgullo unha camiseta especial que dicía “Son Fermina”, adornada cos nomes de cada un dos seus seres queridos, reflexo do agarimo que a rodea.
O alcalde de Porriño, Alejandro Lorenzo, uniuse á celebración para felicitar a Fermina e entregarlle un fermoso ramo de flores en nome de todo o pobo. “A vida de Fermina é un testemuño de esforzo, amor e resiliencia, e a súa historia lémbranos a importancia de coidar e valorar aos nosos maiores”, afirmou o rexedor, “O seu legado non só perdura en cada un dos momentos compartidos coa súa familia e amigos, quen a adora e respecta, tamén perdurará en todo o seu pobo”.
“O Porriño énchese de gratitude por ter a Fermina entre nós, e celebramos non só o seu centenario, senón todo o que ela representa: amor, dedicación e unha historia que enriquece nos enriquece como pobo”, concluíu Lorenzo.