O deporte ocupará a praza do Concello este verán. A fin de promover a actividade física e dar unha alternativa de ocio saudable á veciñanza, profesionais cualificados impartirán clases de Zumba e Ioga para quen queira disfrutar do fresquiño da última hora dos días de verán facendo deporte.
Esta actividade forma parte da oferta de ocio do Concello do Porriño e desenvólvese de forma gratuíta, aberta e sen necesidade de inscrición previa. As clases daranse durante todo mes de agosto, os martes e xoves de 21 h a 22 h as de zumba e os mércores á mesma hora as de ioga.