Este martes, día 28 de novembro o Concello do Porriño celebra ás 12:00h. o seu Pleno Infantil no que estarán presentes alumnas e alumnos de centros educativos da vila que exporán os seus proxectos, ideas e propostas no mesmo, coincindindo coa celebración do Día dos Dereitos da Infancia, impulsado por UNICEF.
O Pleno, que estará moderado pola alcaldesa, Eva García de la Torre, seguirá o seguinte orde de intervencións, se seguindo un criterio de idades dos participantes, de menos a maior:
Proposta do Centro Santo Tomas – 3º e 4º, voceiros: Rodrigo Martín Pedrares e Carla Márquez Vaquero.
Centro de Educación Infantil e Primaria Xosé Fernandez López – 4º, voceiros: Raúl Servide Sequeiros e Irene Galloso Rodríguez.
Centro de Educación Infantil e Primaria Atios – 4º, voceiros: David Alonso Pérez e Noa Vázquez Ojea.
Proposta do Centro de Educación Infantil e Primaria de Budiño – 5º, voceiros: Pablo Férnandez Pérez e Antía Férnandez Ramirez.
Centro de Educación Infantil e Primaria da Ribeira – 5º e 6º, voceiros: Laura Dios Claro e Ainoha Guisande Fernández.
Centro de Educación Infantil e Primaria Antonio Palacios – 6º, voceiros: Alejandro Gómez Granja e Marta Estevéz Alonso
Proposta do Centro ACEESCA, voceiro: Lucas Baz Bernández
Instituto de Educación Secundaria Pino manso – 1º ESO, voceiros: Noa Castaño Rodríguez, Clara Giraldez Fernández, Hugo Novás González, Tiago Sebastián Fernández, Laura Barbosa Baladrón e Martin Bar Vieito.
Centro Hermanos Quiroga – 1º e 2º ESO, voceiros:Antía Martínez Márquez e Manuel Moras Fernández.
Proposta do Instituto de Educación Secundaria Ribeira do Louro – 4º ESO , voceiros: Hugo Rodríguez Iglesias e Tatiana Rodríguez Domínguez.
As exposicións, en varios dos casos, irán apoiadas por proxeccións de vídeos ou exposicións en Power Point. As persoas interesadas en seguir o Pleno en directo poden facelo entrando no portal web do Concello, www.oporrino.org, e poden debater sobre o mesmo nas redes sociais coa etiqueta #PlenoInfaltilPorriño.