O vindeiro 22 de decembro comenzará o Campamento de Nadal organizado pola Concellería de Igualdade do Concello do Porriño dirixido aos máis pequenos e pequenas da casa, de idades comprendidas entre os 3 de 12 anos (ambos inclusive ). Tendo preferencia os empadroados no Porriño.
Esta actividade, terá lugar os días 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro de 2023 e o 2, 3, 4 e 5 de xaneiro de 2024, en horario de mañá de 9 h a 14 h.
As inscricións poderán facerse presencialmente por rexistro ou por sede electrónica. Abrirase o prazo o luns 4 de decembro ás 9 h e rematará o 12 de decembro ás 9:00 horas.
A listaxe de admitidos e admitidas publicarase na páxina web do Concello. Máximo 50 participantes. Seguirase a orden de inscrición , previa baremación das solicitudes que acrediten a concurrencia dalgunha circunstancia computable.
O lugar de entrega e recollida dos e das participantes será na porta principal do Pavillón municipal no horario indicado (salvo que houbese algún cambio) Os rapaces e rapazas deberán levar roupa cómoda, calzado cómodo e outro de reposto para poder utilizar no seu caso as pistas do pavillón , unha mochila co calzado de reposto, unha merenda e auga.
No caso de precisar algunha vestimenta diferente, serán as monitores e monitores as persoas encargadas de comunicalo.
Recordade que as únicas persoas autorizadas para entregar e recoller aos rapaces e rapazas do Campamento de Nadal serán as que instaron a solicitude . No caso de ser outra persoa a encargada, esta, deberá ser maior de idade e levar xunto aos monitores e monitoras a autorización correspondente asinada e achegando os D.N.I da persoa autorizante e autorizada.
FORMULARIO DE INSCRICIÓN: https://oporrino.org/wp-content/uploads/2023/12/Campamento-Nadal-2023.pdf