O Concello do Porriño ven de difundir o cartel anunciador do Entroido 2020 que é un deseño de Dulce María López Fernández. Simboliza unha sardiña ataviada cun sombreiro carnavalesco.
O xurado que presidiu Cami Moreira, concelleira responsable de Cultura e Festexos, elixiu onte martes, a proposta desta artista de Fene que levará o primeiro premio dotado con 600 euros. O segundo premio, dotado con 500 euros, correspondeu a Ramón Manuel Garrido García, de Mérida (Extremadura).
Seleccionaronse entre os 23 deseños que se presentaron nesta primeira edición do Concurso de Carteis do Entroido 2020 convocado polo Concello do Porriño.
Como establecían as bases do Concurso, todos os deseños presentados serán exhibidos próximamente nunha exposición que albergará o Centro Cultural Municipal.