Esta semana rematou o reparto do mes de xullo do Banco de Alimentos “SÓS Porriño”. David Alonso, concelleiro de Servizos Sociais explicou que como consecuencia da crise económica que propiciou a pandemia sanitaria, “actualmente temos que atender e repartir alimentos entre máis xente. Pasamos de 175 familias a primeiros de ano, a 300 e agora mesmo xa son 500 familias do Porriño, as demandantes desta axuda”.
O concelleiro indicou que segundo as novas estimacións do departamento de Servizos Sociais que dirixe, “son da orde de entre 1.200/ 1.300 persoas, entre adultos e menores, as que dependen das entregas de SÓS Porriño para manter unha alimentación axeitada”.
Como consecuencia desta situación de emerxencia social que está a atender o Concello “no mes de agosto haberá tamén un reparto de alimentos” segundo indicou David Alonso que volveu agradecer ás empresas de alimentación e elaboración do Porriño e contorna as súas doazóns e colaboración.