Carla Guisande e Javito Sánchez, ambolosdous porriñeses foron recoñecidos na Gran Gala do Deporte de Vigo e a súa comarca nas súas respectivas categorías (promesa e absoluta, respectivamente) e modalidades deportivas. Eva García, alcaldesa de O Porriño, acompañada dos concelleiros Lourdes Moure e Orlando Márquez, asistieron á XX Gala que se celebrou onte anoite no Teatro A Fundación.

A triatleta de orixe porriñés, Carla Guisande Vieito, ainda moi nova, foi galardonada como mellor deportista promesa na súa especialidade, na Gran Gala do deporte de Vigo e a súa comarca. O xurado valorou a súa imponente traxectoria con victorias en probas do Campeonato de España Individual de Duatlón en categoría cadete.


Na mesma Gala celebrada onte anoite, foi tamén galardonado “Javito” Sánchez Gómez, axente da Policía Municipal de Porriño, polos seus logros en halterofilia. O xurado otorgoulle o premio absoluto na súa especialidade deportiva.