De entre os máis de 8.000 trípticos selados nesta edición da ruta tapas e petiscos do Porriño, DGusta Porriño, once foron os agraciados con tarxetas regalo para gastar no comercio e na hostalería local.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e os representantes de Ahospor, José Manuel Fernández e Silvana Rodríguez, foron os encargados de entregar onte os premios aos gañadores.
As dez tarxetas por valor de 50 euros corresponderon a Emilio Rodríguez, Andrea Debén, Fran Alberti, Sergio Otero, Begoña Domínguez, Asfa Márquez, Jose Luis Álvarez, Lorena Silva, Catia Fernández e Dora. O premio gordo, o cheque de 500 euros, foi para Catarina Fernández.
Este ano foron 29 os establecementos participantes nesta ruta gastronómica que xa é cita obrigada na axenda porriñesa no mes de novembro, cando miles de persoas disfrutan das propostas da hostalería local. Concello e Ahospor aproveitaron para agradecer e felicitar novamente aos participantes nestas xornadas, tanto aos clientes que participaron como aos hostaleiros que, co seu bo facer, fixo que este evento fora un ano máis todo un éxito.