- O aparcadoiro da rúa Progreso acolle dende primeira hora da tarde o Negrita Music Festival
O Porriño, 6 de setembro de 2025.- O Porriño volve ser por terceiro ano consecutivo a única parada en Galicia do Negrita Music Festival que pechará a xira nacional a vindeira fin de semana en Barcelona. O aparcadoiro da rúa Progreso acolle a milleiros de persoas dende primeira hora desta tarde concertos de maneira ininterrompida de artistas de música urbana liderados por Yung Beef, cabeza de cartel desta edición, que se prevé suba ao escenario ás 22.15 horas.
“O Negrita Music Festival, igual que outros eventos que xa se teñen celebrado no noso concello —e os que están por vir—, son unha mostra clara do atractivo que representa O Porriño para as promotoras a nivel nacional. Cada vez son máis as que ven na nosa vila un auténtico fervedoiro cultural, cun público entregado e unhas condicións únicas para acoller grandes citas musicais e culturais. E iso é motivo de orgullo para todos os porriñeses e porriñesas”.
West SRK abrirá o festival, ás 16.15 horas, ao que seguirán Xiyo & Fernández ás 17.15h, Cyril Kamer ás 18.15 horas, La Pantera ás 19.30 horas e Hard GZ sobre as 20.45 horas. Logo da actuación de Yung Beef, será a quenda de Groove Amigos B2B Traffic House (23.20 h), seguido de Alvama Ice (00.00 h) e pechará Galician Army a partir das 01.00 horas.
O Negrita Music Festival consolídase un ano máis como un referente da música urbana en Galicia, escollendo novamente O Porriño como única parada na Comunidade. Ademais de traer artistas de primeiro nivel e ofrecer unha xornada de música continua, o evento serve como pistoletazo de saída ás Festas do Cristo, reforzando o papel do municipio como epicentro cultural e festivo.