Axentes das Forzas e Corpos de Seguridade e profesionais que traballen coas víctimas de violencia de xénero son os destinatarios dun curso promovido polo Concello de Porriño, a través da Policía Local, e co apoio da Secretaría de Estado de Igualdade.
O curso incidirá en moi variados aspectos: dende como tén que ser a primeira actuación policial ante un suposto de violencia de xénero, o posterior seguimento dun caso a través das ordes de protección ás víctimas e afastamento dos agresores, ata os novos tipos de violencia de xénero en formato dixital e a través dos dispositivos móbiles.
As clases desenvolveránse no Centro Cultural Municipal de Porriño, entre o luns 6 ata o venres 10 de maio. A inscripción pódese realizar a través do email, no enderezo electrónico administracion.policialocal@oporrino.org
No curso participarán como instructores dende responsables policiais ata profesionais do mundo de Dereito. Entre os relatores están anunciados Santiago Martínez, Oficial da Policía Local de Vigo; José Manuel Alonso Regueiro, xefe da Unidad de Atención á Familia e á Muller da Comisaría de Vigo, a maxistrada Belén Rubido, xuiza decana de Pontevedra e titular do Xulgado Penal nº 4 e Juan Sagredo, fiscal coordinador da área de Vigo.