O concello informa que, debido a obras na zona, haberá restricións de circulación na Rúa Pío XII durante o día de hoxe, luns 31 de marzo.

  • Horario: De 15:00 h a 19:00 h
  • Zona afectada: Rúa Pío XII, desde a Rúa Domingo Bueno ata a Rúa Manuel Rodríguez

Durante o horario indicado, a circulación estará restrinxida debido aos traballos de mellora na zona. Recomendamos aos veciños e veciñas planificar as súas rutas con antelación para evitar posibles contratempos.

Pedimos desculpas polas posibles molestias e agradecemos a comprensión da veciñanza durante a realización destas obras.