O Concello informa de que, con motivo do Desfile de Comparsas que terá lugar o martes 4 de marzo, estableceranse as seguintes medidas de tráfico:
Prohibición de estacionamento
A partir das 14:30 horas estará prohibido estacionar nas seguintes rúas:
- Rúa Manuel Rodríguez
- Rúa Domingo Bueno, en ambos marxes á altura do Parque Infantil e no marxe dereito desde o cruce da Pontenova ata a farmacia de Atios, en dirección Tui.
- Rúa Ramiranes
Corte de tráfico
A partir das 18:30 horas procederase ao corte de tráfico desde a Rúa Manuel Rodríguez ata a Praza Central.
Rógase á veciñanza que respecte as indicacións e colabore para garantir o correcto desenvolvemento do desfile.
Grazas pola súa colaboración.