A aprobación definitiva do contrato coa nova concesionaria da Piscina Municipal do Porriño é un dos asuntos que se tratarán nas comisións informativas que se celebrarán este venres 21, preparando o vindeiro pleno ordinario da Corporación que terá lugar o mércores 26.
A aprobación provisoria desa adxudicación decidíuse en marzo e agora levase a pleno para a súa ratificación. O goberno municipal acadou a aprobación plenaria e, polo tanto, aceptouse a proposta realizada pola mesa de contratación para adxudicar á firma “Soom Management”, a explotación da Piscina Municipal. Esta empresa, que actualmente leva as piscinas municipais de Marín, Boiro e Cangas, foi a plica máis valorada, cunha oferta anual de 508.000 € e adquire o compromiso de subrogar ao persoal actual, de 24 traballadores, desa instalación deportiva.
Adxuntamos documento “pdf” coas convocatorias e temarios das catro comisións municipais informativas que se celebrarán.